Os concursos de fotografía e de curtametraxes que organiza a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EEME) téñense convertido xa nun clásico para o centro. A través deles, búscase dar a coñecer as titulacións que se imparten na EEME e fomentar o uso sostible dos recursos minerais e enerxéticos, converténdose nun escaparate da profesión...Read More
Esta semana tivo lugar en Polonia a reunión de lanzamento da iniciativa financiada polo programa Eramus+ A Universidade de Vigo será unha das primeiras universidades a nivel mundial en empregar a realidade virtual para reducir a ansiedade e o estrés do alumnado universitario. Farao como socia do proxecto europeo VRxanny, Virtual reality for anxiety and...Read More
Os centros de investigación do Campus Vigo Tecnolóxico participan no proxecto Facendo Plus, que foi subvencionado pola convocatoria Fábrica intelixente e sustentable 2023, cofinanciada pola Unión Europea (IN854A)