UVigo, Asime e empresas galegas crean LU_Touch, un dispositivo para abrir portas e pulsar botóns evitando o contacto

Vigo TecnolóxicoActualidadeUVigo, Asime e empresas galegas crean LU_Touch, un dispositivo para abrir portas e pulsar botóns evitando o contacto

Lupeon, Dativic, Roviño5 e Akwel Automotive producirán 3000 pezas diarias. Agardan a entrega solidaria de máis de 10.000 unidades en toda España.

Tras o éxito da iniciativa Escudocovid-19 para deseñar e fabricar pantallas protectoras, a Universidade de Vigo, Asime e as empresas da contorna volven poñer en macha unha iniciativa solidaria para loitar contra a COVID19. Desta volta, ambas institucións da man das empresas Lupeon, Dativic, Roviño5 e Akwel Automotive presentaron este luns LU_Touch, un dispositivo para abrir portas sen contacto directo. O obxectivo é producir 3000 pezas diarias a través dun proceso de modelado e inxección en plástico.

LU_Touch é un útil de apertura e peche de portas e fiestras que permite tamén actuar como pulsador de botóns e interruptores, de xeito que se evita o contacto directo con superficies e se limitan os riscos de contaxio. O dispositivo foi ideado por Lupeon, en colaboración coa súa empresa loxística filial Dativic hai unhas semanas pero, ante a importante demanda recibida, a empresa decidiu sumar forza con outras empresas baixo a coordinación de Asime e a Universidade de Vigo para poder aumentar a súa capacidade produtiva.

Por parte da Universidade de Vigo están implicado persoal investigador da Escola de Enxeñería Industrial e do centro de investigación Cintecx, que reiteran “a súa colaboración con Asime e o tecido empresarial galego nestas iniciativas solidarias”. Explican que este proxecto é a suma de forzas con diversas empresas que conseguiron nun tempo récord o deseño do molde e a entrada en produción”. Así mesmo, dende a UVigo aseguran que con esta acción “intentan devolver o que a sociedade nos dá, aínda que sexan pequenas achegas”.

Máis información