O Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) protagoniza o novo vídeo da serie “Que facemos?” da UCC+i

Vigo TecnolóxicoActualidadeO Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) protagoniza o novo vídeo da serie “Que facemos?” da UCC+i

A Unidade da Cultura Científica e da Innovación da UVigo (UCC+i) acaba de publicar un novo vídeo da serie “Que facemos?”, unha aposta pola divulgación científica e tecnolóxica que achega o traballo dos grupos de investigación da UVigo. Nesta ocasión o protagonista é o Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC), Grupo de Referencia Competitiva (GRC) segundo a Xunta de Galicia que forma parte do atlanTTic (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo). As súas principais liñas de investigación céntranse na cienciometría, nas comunicacións dixitais e na seguridade multimedia.

O persoal de investigación do GPSC participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e a colaboración do Concello de Vigo.

Fonte: Unidade da Cultura Científica e da Innovación da UVigo (UCC+i)