- Este evento pasou.
Obradoiro: “Busca bibliográfica en investigación en saúde”

O obxectivo principal desta xornada é que o alumnado sexa capaz de acceder e, na medida do posible, conseguir o texto completo das principais referencias bibliográficas que poidan ser de interese para un estudo ou unha investigación.
Terá unha duración de 2 horas e será impartida por Dª. Yolanda Sanmartín Reinoso, Bibliotecaria Documentalista na Área sanitaria de Vigo, e moderada polo Dr. José María Pego Reigosa, do Servizo de Reumatoloxía da Área sanitaria de Vigo e coordinador do Grupo de Investigación IRIDIS (Investigation in Rheumatology and Immune-Mediated Diseases).
Para asistir é necesario rexistrarse neste formulario ata o 15 de abril ás 12:00 horas. A selección realizarase por orde de inscripción, dando preferencia ao alumnado de 2º curso do Grao en Enxeñería Biomédica.
Obxectivos específicos:
- Familiarización con recursos bibliográficos: PubMed, Scopus, Web of Science, etc.
- Desenvolvemento de habilidades de procura: coñecer técnicas efectivas de procura bibliográfica, incluíndo o uso de operadores booleanos, filtros avanzados e estratexias de procura específicas para obter mellores resultados.
- Introdución á xestión de referencias bibliográficas: introducir ferramentas e técnicas para a xestión eficaz de referencias bibliográficas, como o uso de software de xestión de referencias (EndNote, Mendeley, Zotero) e a importancia de manter unha biblioteca organizada.
- Uso ético da información: Discutir a importancia de citar axeitadamente as fontes e respectar os dereitos de autor na investigación médica.
- Aplicación práctica: aplicación práctica das habilidades adquiridas na busca bibliográfica.
Lugar de realización: Aula de informática do Hospital Álvaro Cunqueiro. Bloque técnico. Planta 2. Vela D.


