- Este evento pasou.
Acto de graduación da Escola de Enxeñaría Industrial 2024

O acto de graduación da Escola de Enxeñaría Industrial será o luns 10 de xuño de 2024.
Requisitos para graduarse:
- Estar matriculado nunha titulación da EEI.
- Estar matriculado de todas as materias do último curso salvo do TFG e das Prácticas en empresa.
- O alumnado de Grao deberá ter superados, como mínimo, 180 dos créditos no momento de cursar a solicitude.
O Acto de graduación é un dos momentos máis importantes da vida universitaria, un día inolvidable tanto para os alumnos como para os seus familiares.
Todos estes anos, na Escola de Enxeñería Industrial conseguimos un grande éxito de organización grazas á colaboración de todos/as, especialmente do alumnado e tamén do profesorado. Para que todo vaia ben, a EEI considera fundamental:
- É necesario que nos axustemos ás indicacións que se establezan desde a organización.
- É precisa a colaboración de todas as persoas para que sexa posible gozar dun momento tan especial nas nosas vidas.


