- Este evento pasou.
XXX Seminario de Loxística

O próximo 22 de maio de 2024 terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo o XXX Seminario de Loxística, organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización da Universidade de Vigo (GIO).
A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.
O obxectivo deste evento, que se realiza cunha periodicidade anual, é servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, todo isto a través das intervencións de prestixiosos profesionais.
A asistencia ao Seminario é gratuíta.
O programa deste ano é o seguinte:
PROGRAMA:
09:50 horas. Inauguración por parte de D. José Fariña, Director da Escola de Enxeñería Industrial e D. J. Carlos Prado, Director do Seminario
10:00 horas. Planificación integrada da cadea de subministración. Aplicación a unha empresa industrial global
- Miguel J. Calero Ferreiro, Sr. Manager – Supply Chain & Operations en EY
11:00 horas. Caso práctico de implantación de metodoloxía Lean nun Centro Especial de Emprego: Planta de envases lixeiros de Cogersa
- Jose Brais Gómez-Reino Martínez, Director de planta industrial en Valtalia
12:00 horas. Pausa café
12:30 horas. Reorganización da función de loxística interna nunha fábrica de alimentación
-
- Esther Fernández Casais, Responsable de produción en Calvo/Nauterra
- Juan Redondo Puga, Coordinador de loxística interna en Calvo/Nauterra
13:30 horas. Implantación de MES na industria pesqueira e integración coa mellora continua
- Gustavo del Río López-Coroa, Responsable de produción en Iberconsa Seafood Processing
14:30 horas. Comida para os asistentes que o desexen en «La Cocina de María» (Área comercial da Universidade de Vigo)
- O importe da comida é de 10 euros por persoa


