Dende a EEI destacan que as empresas demandan máis titulados dos que saen ao mercado.
A titulación de Enxeñería en Organización Industrial cumpre 35 anos ‘imaxinando o futuro’, pero tamén 35 anos organizándoo e xestionándoo. Para celebralo, e baixo este lema, a Escola de Enxeñería Industrial e o Grupo de Ingeniería de Organización presentaron este luns un programa de actividades que se vai desenvolver ao longo de todo o ano 2020 e que inclúe xornadas técnicas e visitas a institutos para presentar ao potencial alumnado “unha das ramas da enxeñaría con maior demanda por parte das empresas”, como resaltaba na rolda de prensa Carlos Prado, director do GIO.


