A Asociación Española de Robótica e Automatización e a Universidade de Vigo deron comezo este mércores 12 de maio en formato virtual ás II Xornadas AER-UVigo sobre robótica industrial. Nunha sesión inaugurada polo presidente da Asociación AER Automation, Salvador Giró; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e o director da Escola de Enxeñaría Industrial Juan Pardo, e coa participación de máis de 200 persoas, o primeiro encontro centrouse na robótica industrial e o papel central da automatización ante a actual pandemia.
Robótica de servizo e automatización industrial para as seguintes sesións.
A xornada de apertura dará paso os vindeiros 19 e 26 de maio a dúas novas mesas redondas centradas na robótica de servizo e a automatización industrial, respectivamente. O mércores 19 participarán na mesa redonda Mar Masulli (CEO & CoFounder, Bitmetrics), Enrique Lillo (Automatización, BR5), Rob Keij (Director Comercial, Kivnon), Francesco Ferro (CEO, PAL Robotics), Jan Puig (Sales & Marketing Director, PILZ) e Roberto Guzmán (CEO, Robotnik Automation), moderados por Félix Vidal (Head of Smart Systems and Smart Manufacturing, Aimen).
Na derradeira sesión o mércores 26, centrada na automatización industrial, a mesa redonda contará coa participación de David Torres (General Manager, Bcnvision), Xavier Segura (General Manager Spain/Portugal, Festo),Ángel C. Lázaro (Business Partner Industria, GMV), Daniel Escorza (General Manager Spain, Infranor), Eduardo García-Jurado (Director Comercial, Murrelektronik) e Lluís Martínez (Managing Director, SICK), moderados por Antía Fernández (Codirectora da área de Sistemas Inteligentes, Gradiant).


