Chega á UVigo o novo Mestrado de Enxeñaría Biomédica para o vindeiro curso 2022/2023

Vigo TecnolóxicoActualidadeChega á UVigo o novo Mestrado de Enxeñaría Biomédica para o vindeiro curso 2022/2023

Trátase dunha titulación pioneira na zona noroeste de España que servirá coma continuación do grao

Trala boa acollida do Grao en Enxeñaría Biomédica do que o pasado xoves 2 de xuño xurdiron os primeiros titulados, chega a UVigo o Mestrado en Enxeñaría Biomédica, que comezará no curso 2022/2023. Trátase duns estudos superiores que teñen como obxectivo formar de maneira máis específica e profesional ao alumnado que queira continuar capacitándose despois do grao. Juan Pardo, director da Escola de Enxeñaría Industrial (EEI), recalcou a importancia de ter este mestrado en Vigo sinalando que “temos moitas expectativas. É unha aposta de futuro e trátase dunha titulación de gran importancia que poderemos instaurar grazas a presenza do Grao de Enxeñaría Biomédica”. O obxectivo é claro e conciso, que o alumnado “poida completar e seguir cos estudos de alto nivel en Vigo e se formen o máximo posible”, destacou Juan Pardo, ao que engadiu que “son uns estudos pioneiros en Galicia e no norte de España. Isto fainos ser optimistas de cara a poñelo en marcha”.

Con altas expectativas postas na súa primeira edición, o mestrado busca perfís de alto nivel e ofrece flexibilidade para optar por distintas ramas nun amplo abano de posibilidades, dende a liña investigadora ata a sanitaria, pasando tamén por unha visión máis empresarial” afirmou Pardo. Comparando as diferenzas entre o grao e o mestrado, o director explicou que “no mestrado fórmante coa capacidade para liderar proxectos, mentres que co grao podes ser partícipe deles. É un coñecemento de alto nivel, ábreche moitas portas co mestrado, como a capacidade de desenvolver produtos ou servizos”, suliñou.

 

Fonte: Atlántico Diario