Calendario de eventos

Últimos eventos pasados

Tecnolóxicas Week

Deputación de Pontevedra Avda. Montero Ríos, s/n, 36071, Pontevedra, Pontevedra

Mesa Coloquio con Mulleres Tecnólogas. Será o próximo venres e consistirá nun encontro empresarial con mulleres de referencia no sector. Amparo Alonso, Lorena Rosende, Marta Judith Fernández Docampo e Iciar Balza Echeita analizarán os retos de tecnoloxías disruptivas como a #IntelixenciaArtificial, á vez que porán o foco en como conseguir unha maior presenza de mulleres en postos técnico-tecnolóxicos.

Curso Intelixencia Artificial con Deep Learning

Online

Unha introdución práctica ao Deep Learning, onde, ademais das técnicas de preparación da información, se presentan os compoñentes fundamentais dunha rede neuronal e os procesos de deseño e adestramento da rede.