• IV Foro de Mobilidade Eléctrica

    Online

    O obxectivo é coñecer o avance actual da mobilidade eléctrica e as evolucións tecnolóxicas que se están a desenvolver neste campo durante os últimos anos en canto aos sistemas de recarga.   INSCRICIÓN

  • ATHENA Career Event 2022

    Online

    A alianza de universidades europeas ATHENA (Advanced Technology Higher Education Network Alliance), da que forma parte a Universidade de Vigo, celebra o ATHENA Career Event 2022, unha feira de emprego online dirixida especificamente a estudantes, empresas e institucións dos eidos da enxeñaría e as TIC. O evento busca achegar as oportunidades laborais que ofrecen os […]

  • XX Edición Galicia TIC

    Cidade da Cultura de Galicia Monte Gaiás, Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

    Este Foro, organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO) e no que se reunirán máis de cen profesionais do sector tecnolóxico así como máis de 150 alumnas e alumnos de diversos centros, é un dos máis importantes do panorama galego en canto ao referido a tecnoloxías.

  • “Hackea o Sistema. Transformando o noso modelo social: sen demanda non hai trata”

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Trátase dunha das actividades que a Delegación do Goberno en Galicia ten programadas para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. A EET da UVigo acollerá esta exposición fotográfica do 20 ao 27 de outubro.

  • HackForGood 2022

    Teatro Cidade Universitaria (CUVI) Campus Universitario de Vigo, Vigo, Pontevedra, Spain

    Evento de ciberseguridade organizado pola Cátedra Telefónica UVigo.   INSCRICIÓN

  • Feira Emprego inCAMPUS 2022

    Campus de Vigo Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España
  • Xoves Empregables 2022: Traballar xuntos para crear equipo

    Online

    Os Xoves Empregables  é un ciclo de conferencias en liña e obradoiros para fomentar a empregabilidade de estudantes e persoas recén tituladas. Esta é unha actividade impulsada pola Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.

  • III Xornada Científico – Técnica: Mares Circulares

    Edificio Redeiras Praza do Berbés, 11, Vigo, Pontevedra, Spain

    Mares Circulares ten como obxectivo crear pontes de colaboración entre docentes, estudantado e grupos de investigación.

  • Acto de recoñecemento a Stellantis

    Edificio Redeiras Praza do Berbés, 11, Vigo, Pontevedra, Spain

    Acto de recoñecemento das Escolas de Enxeñaría Industrial e Enxeñaría de Telecomunicación ao grupo Stellantis pola súa colaboración desde o curso 1998-1999 en actividades educativas relacionadas coa formación de alumnado.

  • VII Fórum RIES 2022

    Hotel Palacio del Carmen Oblatas, S/N, 15703, Santiago De Compostela, Santiago de Compostela, A Coruña, España

    O VII Fórum RIES 2022 ten como obxectivo abordar a saúde de vangarda coas solucións innovadoras que se veñen desenvolvendo nos últimos anos para unha mellora asistencial e o reto de acompasar este avance cun impacto sobre os modelos de cidadáns. Neste foro combínase a saúde, cos seus problemas e solucións actuais, coa tecnoloxía máis punteira, tanto a nivel […]

  • New Space España

    Sede Afundación Vigo Rúa Policarpo Sanz 24, Vigo, Pontevedra, España

    Durante as dúas xornadas do congreso, máis de 30 expertos e expertas participarán nunha serie de conferencias e mesas redondas nas que se analizarán os grandes proxectos de misións espaciais ligadas á marca España. O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) participará no evento, así como a spin-off Alén Space, xerada na UVigo.