• Conecta con atlanTTic

    Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

    Volve Conecta con atlanTTic, a Xornada de Portas Abertas anual na que parte do persoal investigador do centro amosará a actividade que está a desenvolver en ámbitos clave para as telecomunicacións. Realizaranse demostracións e presentacións de proxectos para achegar ao público, dun xeito ameno e interactivo, algunhas das principais liñas de traballo: Comunicacións 5G. Comunicacións […]

  • CURSO ONLINE ARCHICAD. NIVEL INTERMEDIO

    Online

    O curso ARCHICAD: Nivel intermedio permítelle ao alumno usar técnicas avanzadas e específicas para levar a cabo calquera tipo de proxecto arquitectónico afondando en materiais e métodos construtivos, así como na representación do modelo.

  • Obradoiro de Iniciación á Impresión 3D

    A Industriosa Rúa Barcelona, 13, Vigo, Vigo, Pontevedra, España

    Neste Obradoiro daranse a coñecer as diferentes técnicas de impresión 3D e fabricación por diferentes métodos. Centrarase nas técnicas FDM (coñecidas por impresión 3D) vendo o funcionamento das mesmas, e cales serían os primeiros pasos e erros habituais para poder evitalos.

  • V CONGRESO SOBRE AFORRO ENERXÉTICO, ENERXÍAS RENOVABLES E NOVAS TECNOLOXÍAS

    Ferrol Ferrol, A Coruña, España

    ENERDIXITAL abordará diferentes temáticas como renovables, aforro e eficiencia enerxética, mantemento, iluminación, mobilidade eléctrica,… e en todas elas estará presente a importancia da dixitalización.   INSCRICIÓN

  • Xornada informativa ‘Novas Oportunidades de Financiamento Europeo 2023’

    Online

    Xornada informativa Novas oportunidades de financiamento europeo 2023 no eido da educación e da innovación, exemplos de boas prácticas, organizadas pola Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación e a Área de Educación da Oficina de Proxectos Internacionais. Tras a intervención da vicerreitora Belén Rubio será a directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación a encargada […]

  • Webinar Economía Circular. Optimización en Deseño e Operación de Plantas de Residuos e Reciclaxe a Través de Software

    Online

    A misión de Humara é dixitalizar a industria da reciclaxe e do tratamento de residuos mediante software. O seu producto, Fastplant, optimiza o deseño e operación deste tipo de plantas, permitindo un gran aforro é tempo e recursos. Os fundadores de Humana acumulan máis de 30 anos deseñando, construíndo e operando algunhas das plantas de […]

  • I Torneo nacional de debate Retórica UVigo

    Edificio Redeiras Praza do Berbés, 11, Vigo, Pontevedra, Spain

    No torneo, “o primeiro na modalidade de debate académico que se celebra en Galicia”, segundo confirmou Santiago Janeiro Catoira, estudante da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, organizador do evento e membro da Asociación de Debate Universitario Retórica da Universidade de Vigo, enfrontaranse dez equipos, de sete universidades, que suman un total de 40 participantes.

  • IV Edición MEI Day

    Escola de Enxeñaría Industrial UVigo Rúa Maxwell 9, Vigo, Pontevedra, Spain

    Tras o parón do ano pasado, por mor da situación sanitaria, a Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo recupera os encontros MEI Day (Día do Mestrado en Enxeñería Industrial), que acadan este 2022 a súa cuarta edición. Creados co obxectivo “de visualizar o papel da enxeñaría industrial no desenvolvemento da sociedade e mesmo na recuperación económica tras a […]

  • CINTECX Challenge 2023

    Online

    Desde o 8 de decembro de 2022 ata o 9 de xaneiro de 2023 está aberto o prazo para participar en CINTECX Challenge 2023, convocatoria anual de axudas na modalidade de concorrencia competitiva para o desenvolvemento de proxectos de I+D colaborativos entre os investigadores integrados no centro.

  • Curso formación Espectrómetro Raman portátil

    Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

    O obxectivo é a formación dos investigadores do centro para o manexo e emprego do espectrómetro adquirido por CINTECX.

  • InnovAmes

    Pavillón de Milladoiro Paseo da Igualdade, 3, 15895 O Milladoiro, A Coruña, A Coruña, A Coruña

    O Concello de Ames e Maker Faire Galicia organizan unha nova edición de Innovames, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar o 16 de decembro no Pavillón Polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no concello. O obxectivo deste evento, salientaron as entidades […]