IV Foro de Mobilidade Eléctrica
O obxectivo é coñecer o avance actual da mobilidade eléctrica e as evolucións tecnolóxicas que se están a desenvolver neste campo durante os últimos anos en canto aos sistemas de recarga. INSCRICIÓN
O obxectivo é coñecer o avance actual da mobilidade eléctrica e as evolucións tecnolóxicas que se están a desenvolver neste campo durante os últimos anos en canto aos sistemas de recarga. INSCRICIÓN
A alianza de universidades europeas ATHENA (Advanced Technology Higher Education Network Alliance), da que forma parte a Universidade de Vigo, celebra o ATHENA Career Event 2022, unha feira de emprego online dirixida especificamente a estudantes, empresas e institucións dos eidos da enxeñaría e as TIC. O evento busca achegar as oportunidades laborais que ofrecen os […]
Este Foro, organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO) e no que se reunirán máis de cen profesionais do sector tecnolóxico así como máis de 150 alumnas e alumnos de diversos centros, é un dos máis importantes do panorama galego en canto ao referido a tecnoloxías.
Trátase dunha das actividades que a Delegación do Goberno en Galicia ten programadas para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. A EET da UVigo acollerá esta exposición fotográfica do 20 ao 27 de outubro.
Evento de ciberseguridade organizado pola Cátedra Telefónica UVigo. INSCRICIÓN
Os Xoves Empregables é un ciclo de conferencias en liña e obradoiros para fomentar a empregabilidade de estudantes e persoas recén tituladas. Esta é unha actividade impulsada pola Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.
Ata o 1 de novembro permanecerá aberto o prazo para que todo o alumnado da UVigo que durante o curso académico 2019/2020 realizou un grao ou un mestrado poida participar na nova enquisa do Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo.
Mares Circulares ten como obxectivo crear pontes de colaboración entre docentes, estudantado e grupos de investigación.
Acto de recoñecemento das Escolas de Enxeñaría Industrial e Enxeñaría de Telecomunicación ao grupo Stellantis pola súa colaboración desde o curso 1998-1999 en actividades educativas relacionadas coa formación de alumnado.
O VII Fórum RIES 2022 ten como obxectivo abordar a saúde de vangarda coas solucións innovadoras que se veñen desenvolvendo nos últimos anos para unha mellora asistencial e o reto de acompasar este avance cun impacto sobre os modelos de cidadáns. Neste foro combínase a saúde, cos seus problemas e solucións actuais, coa tecnoloxía máis punteira, tanto a nivel […]
Durante as dúas xornadas do congreso, máis de 30 expertos e expertas participarán nunha serie de conferencias e mesas redondas nas que se analizarán os grandes proxectos de misións espaciais ligadas á marca España. O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) participará no evento, así como a spin-off Alén Space, xerada na UVigo.