A Universidade, implicada nun proxecto pioneiro en España para garantir áreas sanitaria libres de virus circulante

Vigo TecnolóxicoActualidadeA Universidade, implicada nun proxecto pioneiro en España para garantir áreas sanitaria libres de virus circulante

Permite ampliar a capacidade diagnóstica a través do procesamento agrupado de mostras PCR. Os resultados do estudo preliminar realizado a 8000 persoas, publicaranse nunha revista científica.

A Área Sanitaria de Vigo vai pór en marcha un proxecto pioneiro en España para garantir áreas libres de virus circulante. Trátase dun sistema para vixiar e controlar a circulación do coronavirus en áreas estratéxicas, ampliando a capacidade diagnostica da COVID-19 a través do procesamento agrupado de mostras PCR diferentes. Esta técnica, coñecida como pooling, que xa foi probada con éxito no servizo de Microbioloxía do Chuvi, permite analizar nun único test as mostras de varios cidadáns, multiplicando a capacidade de avaliación actual.

A iniciativa foi presentada este luns polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña e xefe do servizo de Microbioloxía, Benito Regueiro, e conta coa colaboración da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo e da Fundación Amancio Ortega, que financiou este proxecto coa doazón dun innovador equipamento robotizado para procesar as mostras, cun investimento de 175.000 euros. Por parte da UVigo, está implicado o investigador Jacobo Porteiro, do Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas.

Máis información