A Cátedra Telefónica Espazos de Innovación está impulsando unha convocatoria destinada a poñer en valor os mellores traballos fin de mestrado relacionados co desenvolvemento sostible. Bautizados como Premios Innovación Sostible da Cátedra Telefónica-UVigo a Traballos Fin de Mestrado (TFM), premiaran os proxectos que presenten propostas de innovación que aborden melloras aos problemas da humanidade relacionados cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030.
En total outorgaranse cinco galardóns cunha contía de 500€ a estudantes da Universidade de Vigo que presentasen o seu TFM ao longo do curso 2020/2021 cunha cualificación igual ou superior a 7 puntos. Para a comprobación da adecuación á convocatoria deberá presentarse, xunto coa solicitude, un informe que resalte o obxectivo da Axenda 2030 que se aborda no TFM e as metas ás que pode contribuír, a súa innovación, a viabilidade do seu desenvolvemento e a súa repercusión social.
Máis información da convocatoria.
Fonte: DUVI.


