O próximo mércores 19 de maio a partir das 10:00h terá lugar o segundo encontro virtual das II Xornadas AER-UVigo sobre robótica industrial. Nesta ocasión, a Asociación Española de Robótica e Automatización e a Universidade de Vigo porán o foco na robótica de servizo, nunha mesa redonda moderada por Félix Vidal (Head of Smart Systems and Smart Manufacturing, Aimen).
O evento, que poderá seguirse a través da UVigoTV, contará coa participación de Mar Masulli (CEO & CoFounder, Bitmetrics), Enrique Lillo (Automatización, BR5), Rob Keij (Director Comercial, Kivnon), Francesco Ferro (CEO, PAL Robotics), Jan Puig (Sales & Marketing Director, PILZ) e Roberto Guzmán (CEO, Robotnik Automation).


