Gradiant e Optare galardoaron con 500 euros a cada un destes proxectos.
Pic4Learn, unha ferramenta de apoio para a educación de nenas e nenos con Trastorno do Espectro Autista, e HoFlow, unha solución para a medida remota de caudais en infraestruturas hidráulicas, foron os dous proxectos gañadores dos LPRO Days 2020, a cita na que o alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que está a piques de titularse amosa ante o sector empresarial algunhas das súas ideas, traballos que foron quen de desenvolver de principio a fin e que mereceron a confianza dos seus futuros empregadores.


