Doce investigadores das áreas de agroalimentación, química, ciencias da saúde, bioloxía, economía agraria e enxeñería química aparecen entre os 1.500 con máis repercusión.
A UVigo é a segunda institución galega con máis científicos de alto impacto na 14ª edición da clasificación elaborada polo CSIC con datos recolleitos ata a segunda semana desta mes de febreiro. Suma un total de doce investigadores no primeiro tramo da lista fronte aos 29 da USC e por diante da UDC, que conta cun único representante, e tambien do IIM-CSIC, con 4 expertos.


