Imaxe: @CIM_UVigo
atlanTTic e CINTECX, canda ao CIM na feira Navalia
A asociación CES UVigo tamén se achegou ata a feira do naval
Os centros de investigación do Campus Vigo Tecnolóxico atlanTTic (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación) e CINTECX (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxías e Procesos Industriais) estiveron presentes durante tres días na feira Navalia xunto ao CIM (Centro de Investigación Mariña) no posto habilitado pola Universidade de Vigo no instituto feiral da cidade.
Acompañados pola Oficina de I+D, os tres centros de investigación da Universidade de Vigo amosaron neste posto informativo o coñecemento e innovación que a institución académica viguesa achega en diferentes ámbitos vinculados á industria naval, actuando como posible aliada para as empresas deste sector. Ademais, CES UVigo, asociación estudantil que conta co apoio do Campus Vigo Tecnolóxico, estivo a amosar na feira o Boeiro I, o primeiro barco solar desenvolvido na UVigo e que proximamente competirá no Energy Boat Challenge de Mónaco.
⛵Os centros de investigación da @uvigo #atlanTTic, @CIM_Uvigo e @cintecx, e a Oficina de I+D, estamos en @NavaliaExpo presentando o noso potencial no sector #naval.
🗓️21-23 de maio
📍Stand G76➡️https://t.co/uXijZAatRH#Navalia #NavaliaExhibition #innovación #transferencia pic.twitter.com/SIpbGIqMHV
— atlanTTic – UVigo (@atlanTTic_uvigo) May 21, 2024
I+D de vangarda
No posto da UVigo amosouse o potencial de atlanTTic, centro que vén de renovar á sua pertenza á Rede CIGUS ata 2027, como socio de referencia na I+D en telecomunicacións e servizos dixitais dando resposta aos retos do sector en materia de dixitalización, conectividade e ciberseguridade facendo uso de tecnoloxías como IA, Big Data, Edge, 5G & 6G, IoT ou cuántica. No caso de CINTECX, centro aspirante da Rede CIGUS, trátase dun socio tecnolóxico especialista en trasladar o coñecemento ao sector produtivo en liñas como as enerxías renovables mariñas, eficiencia enerxética, aproveitamento de recursos naturais, desenvolvemento de novos materiais e combustibles, tecnoloxías de propulsión limpas e intelixencia artificial. Pola súa banda, CIM ofrece investigación de vangarda respecto da xestión sostible de recursos mariños, biotecnoloxía azul, enxeñería de costas, restauración ambiental, simulación de fluídos ou modelización de enerxías de orixe mariña.
📢Ángeles Sanromán, directora de #CINTECX, estuvo en @NavaliaExpo para contar cómo el centro contribuye al sector #naval. Si aún no lo has hecho, ven al stand de @uvigo, G76, y descubre lo que hacemos⛴️ Os esperamos junto a @atlanTTic_uvigo y @CIM_Uvigo! #navalia #HRS4R pic.twitter.com/4BSoZoGUYT
— CINTECX (@cintecx) May 23, 2024
Navalia naceu en 2006 como a primeira feira naval do norte de España. A súa novena edición tivo lugar entre o 21 e o 23 de maio de 2024 no IFEVI, o Instituto Feiral de Vigo.
Máis información



