- Este evento pasou.
Conecta con atlanTTic
18 Novembro, 2022 - 4:00 p.m. | 7:00 p.m.

Volve Conecta con atlanTTic, a Xornada de Portas Abertas anual na que parte do persoal investigador do centro amosará a actividade que está a desenvolver en ámbitos clave para as telecomunicacións. Realizaranse demostracións e presentacións de proxectos para achegar ao público, dun xeito ameno e interactivo, algunhas das principais liñas de traballo:
- Comunicacións 5G.
- Comunicacións ópticas.
- Aplicacións accesibles.
- Intelixencia Artificial.
- Radar e xeolocalización.
- Patrimonio 4.0.

