Un estudo da Fundación BBVA destaca as capacidades da UVigo entre as 72 institucións españolas públicas e privadas
A Universidade de Vigo segue sumando recoñecementos no contexto académico do Estado español. Esta vez ven acreditado da man dun amplo estudo da Fundación BBVA, que analizou 72 universidades españolas, tanto públicas como privadas, para comparalas e dilucidar as mellores potencias nos distintos campos. Como é habitual nos informes interuniversitarios, a gran baza da UVigo segue sendo a rama técnica, que engloba as 24 modalidades de grao e os seus 19 posgraos (tanto mestrados como doutoramentos). Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, anunciaba a semana pasada as principais novidades, que son a posta en marcha de dúas titulacións de grao de cara ao vindeiro curso: Relacións Internacionais e Intelixencia Artificial; así como de catro novos mestrados: en Enxeñería Biomédica, en Exercicio Terapéutico e Funcional en Fisioterapia, en Intelixencia Artificial e en Desafíos das Cidades.
O estudo U-Ranking 2022 realizado pola Fundación BBVA centra a maior parte do seu análise nas aptitudes das universidades a partir do posgrao, onde a UVigo colle forza. No ranking xeral, a Universidade de Vigo ocupa o posto número 18 entre as 72 universidades españolas, sendo a mellor do noroeste do Estado.
No ranking xeral, compáranse indicadores de investigación e innovación entre outros
“O ranking xeral de rendemento compara os resultados que obtén cada universidade nos indicadores de docencia e de investigación e innovación, tendo en conta a súa dispoñibilidade de recursos humanos e financieiros”, indican expertos que formaron parte do estudo. De esta maneira xéranse indicadores como a taxa de éxito, a taxa de abandono, a porcentaxe de estudantes de posgrao ou os recursos captados por docente a través de proxectos de investigación, que fan que se poida relativizar o estudo de cada universidade, independentemente do tamaño de cada unha.
Ao comezo deste curso, na Universidade de Vigo había máis de 1.700 persoas investigando en 185 grupos de investigación diferentes, que conseguiron captar máis de 24 millóns de euros en proxectos de financiación externa; máis de 6 millóns en I+D contratada; máis de 200 patentes activas con firma; e ata 30 empresas de nova creación fundamentadas na creación de coñecemento das súas investigacións.
Contexto galego no estudo
A pesar dos 500 años de vantaxe que lle saca a Universidade de Santiago de Compostela, esta só supera á UVigo na rama das ciencias da saúde. A Universidade de Vigo supéraa nos eidos das Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas e, en gran medida, na rama da Enxeñaría.

Os estudos de posgrao collen forza cada ano
Unha das grandes revelacións do estudo da Fundación BBVA é a variación de alumnado de graos e mestrados no cómputo total de estudantes. O informe anual U-Ranking inclúe nesta edición un análise da evolución da última década da formación posgrao (tanto mestrado como doutorado). De esta forma analízase que, mentres que no curso 2010-2011 o peso do mestrado na matrícula de grao e mestrado do Sistema Universitario Español non chegaba o 7%, na actualidade duplicouse ata supoñer un 15,6% no curso 2020-2021. Neste estudo só se computan os mestrados oficiais, excluíndo “títulos propios”, que aumentarían a porcentaxe.
Comparación entre as universidades públicas e privadas
Os centros públicos vólvense situar na cima da clasificación dos resultados en investigación e innovación, habendo soamente unha universidade privada entre os 21 primeiros postos do ranking. Pola contra, as universidade privadas destacan en rendemento docente.
O rendemento global das universidades privadas no ámbito da docencia sitúase 10 puntos por enriba da media das universidade públicas. Sen embargo, o rendemento medio en investigación e innovación das universidades públicas é 48 puntos superior que o das privadas.
Fonte: Faro de Vigo


