No campus Vigo Tecnolóxico tamén pensamos que o remate do ano é un momento que se presta a facer balance. Aínda que ultimamente estivemos a tocar naquela parte da web que non se ve, co propósito principal de facer máis lixeira a súa carga, centramos este repaso no que si se ve: velaquí unha selección de 12 novas deste ano que remata. Como se adoita dicir, “son todas as que están, pero non están todas as que son”. Mais coidamos que se trata dunha mostra representativa do que deu de si o ano para todos aqueles colectivos e iniciativas vinculados co Campus Vigo Tecnolóxico.
Foro Tecnolóxico de Emprego, 23 edicións tendendo pontes entre o alumnado e o mundo laboral
Teleco estrea olimpíadas para espertar vocacións e visibilizar a potencialidade dos seus estudos
UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación
O proxecto Facendo 4.0 remata con numerosos avances no deseño do sector da automoción do futuro
A asociación de estudantes CES UVigo presenta o primeiro barco solar da universidade
UVigo SpaceLab amosa os avances na misión espacial BIXO
Temos a certeza de que en 2024 cristalizarán moitas iniciativas e proxectos, e moitos outros xurdirán. A docencia, investigación, innovación e a transferencia de coñecemento seguirán a ser os piares do campus. Piares asentados na liberdade académica, a transparencia, integridade, respecto, igualdade, sostibilidade, calidade e excelencia, principios éticos da universidade.
Moitas grazas polo interese e vémonos en 2024.



