A relación de proxectos gañadores dos premios Incuvi-Emprende do campus Vigo, que desenvolverán a súa actividade en Cidade Universitaria, inclúe a Clearenergy, un proxecto, promovido por Gelo Cubreiro, Iago Álvarez , Alberto Goitia e Carlos Guitián, que ten o obxectivo no sector do lecer ao aire libre de substituír os xeradores diésel por sistemas de baterías cargadas por enerxías renovables. Este proxecto, que gañou primeiro premio no concurso EDP University Challenge 2018, ten como principal vantaxe, segundo explica Gelo Cubreiro, “evitar o emprego de combustibles fósiles para obter a enerxía necesaria para eventos ao aire libre. Ademais as baterías non producen ningún ruído, ni gases nocivos, facendo posible situalos preto da zona á que abastece”. O sistema proposto por este grupo de graduados do Máster en Enxeñaría Industrial, podería abastecer a pequenas orquestras ou grupos musicais, eventos deportivos, postos de comida ambulantes, cabalgatas ou zonas illadas da rede eléctrica. Sobre as posibilidades que gañar este premio supón, Cubreiro asegura que “é unha oportunidade de madurar a nosa idea, para coñecer mellor o seu alcance e acercarnos un pouco máis á súa posta en marcha”.



